Cursos do programa actívate da Deputación de Pontevedra
17/11/2010
CURSOS DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón, informa que hoxe tivo comezo, no Centro de Formación Ocupacional do Concello, un curso de Cociña e Repostería, que a Deputación de Pontevedra desenvolve dentro do Programa Actívate.
O curso terá unha duración de 30 horas e nel participarán 15 mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
Por outra banda, o pasado día 10, rematou o Curso de Corte e confección, impartido tamén dentro do Programa Actívate da Deputación de Pontevedra no Centro de Formación Ocupacional.