Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A coroación das raíñas abre as Festas de San Telmo

20/04/2011

Terá lugar o sábado ás 19h no Teatro Municipal

A coroación das raíñas abre as Festas de San Telmo

Mario Conde dará lectura ao pregón dos festexos

 

 

Mércores, 20 de abril de 2011. O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 23 de abril, a partir das 19h, o acto solemne de coroación das raíñas das Festas de San Telmo 2011 e lectura do pregón co que dan comezo de xeito oficial ás festas patronais de Tui.

 

O acto solemne estará presidido polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, e os membros da corporación municipal. No mesmo serán nomeada coma raíña infantil das festas Laura Rodríguez García, que estará acompañada por Ainara Alonso, Uxía Fernández, Carmen León, Nicole Bas, e Paula Rodríguez coma damas de honra. Mentres a designación de raíña xuvenil recaeu en Shaila Lamas Pérez, sendo as súa damas Raquel Novoa, Antía González, Lucía Múñez e Concepción Múñoz. Elas serán as encargadas de representar á poboación tudense nos diversos actos durante as festas.

 

No transcurso do acto intervirán o Alcalde de Tui e un representante da Comisión de Festas,  pechándose o mesmo coa lectura do pregón a cargo de Mario Conde.

 

Mario Conde naceu en Tui o 14 de setembro de 1948, cidade coa que coa que mantén unha estreita relación, tanto polas numerosas amizades que conserva na cidade, como por decidir que repousen no cemiterio da nosa cidade os seus familiares máis directos. vogado, empresario, financeiro cunha traxectoria de grande relevancia, truncada  en 1993 logo do chamado “caso Banesto” polo que foi condenado. Na actualidade Mario Conde está centrado na súa actividade como empresario e como editor que compaxina coa súa participación en diversas tertulias televisivas e con edición de varios libros, tanto de memorias como sobre temas de espiritualidade, que teñen resultado éxitos de vendas.

Ao comezo do acto será entregado a Lorena Fernández Gómez o premio do III Concurso do Cartel anunciador das festas convocado pola Concellería de Cultura.

 

Coroación das raíñas e lectura do pregón das Festas de San Telmo 2011

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado ás 19h

Entrada libre e gratuíta