Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Conselleira de Traballo e Benestar anuncia a construción dunha escola infantil en Tui que ofertará un total de 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

14/04/2010

A Conselleira de Traballo e Benestar anuncia a construción dunha escola infantil en Tui que ofertará un total de 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou  onte a construción dunha escola infantil en Tui, que ofertará aos habitantes da localidade un total de 82 prazas -divididas en 6 unidades- para os nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Así o adiantou a titular do departamento autonómico, durante unha visita a este concello, onde concretou que a Xunta investirá ao redor dun millón de euros na posta en marcha deste novo servizo. Esta infraestrutura estará en marcha antes de finais de 2011. Co fin de cumprir con este prazo, a Administración autonómica prevé poder licitar o proxecto de obra no verán. Este centro se ubicará na parcela existente xunto ao Centro Sócio-comunitario de Tui.

Mato sinalou que a escola infantil "contribuirá decisivamente a mellorar a calidade de vida das familias deste municipio", xa que "poderán estar máis preto da conciliación da vida persoal, laboral e familiar".

Neste sentido, explicou que a consecución "dos máximos niveis posibles de benestar" é un dos "principios fundamentais" da Consellería de Traballo e Benestar. De feito, sinalou que dar resposta á demanda de prazas en educación infantil é unha "ferramenta fundamental" para favorecer as familias galegas".

"Queremos que estas escolas sexan verdadeiros centros de formación das pequenas persoas de hoxe", declarou a conselleira.

O Alcalde de Tui amosou a súa satisfacción por este compromiso que da cumprimento a unha vella reclamación do Concello tudense e que posibilitará unha mellora sustancial da oferta que en materia de Benestar Social promove o Concello de Tui.