Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Concelleria de Servizos Sociais informa das axudas a colectivos en risco para acceso á TDT

11/06/2010

Apoio a colectivos en risco de exclusión para a transición á TDT

Obxecto

Concesión de axudas en especie, consistentes na entrega do equipamento de recepción da TDT satelital a aqueles cidadáns galegos en situación de risco de exclusión social que residan nas zonas de sombra de cobertura da TDT. Este equipamento estará composto por antena parabólica, LNB, cable, conversor, conectores, soporte e equipo de recepción capaz de decodificar as canles anteriormente sinaladas.

Situacións subvencionables e axudas

Considéranse como situacións susceptibles de axuda as dos cidadáns que teñen o seu domicilio principal nunha zona de sombra e que, como consecuencia, non reciben as canles de TDT por vía terrestre, sendo a vía satelital a única opción para achegar a televisión dixital a estes fogares.

A axuda consistirá na entrega ao beneficiario do equipamento necesario para a recepción das canles de TDT a través do satélite. A Secretaría Xeral de Medios, coa colaboración dos concellos, informará aquelas persoas que por residiren en zona de sombra e por se atoparen nalgunha das situacións a que se fai referencia no artigo 4, poidan ser beneficiarias destas axudas en especie.

Colectivos beneficiarios

Son beneficiarios destas axudas as persoas físicas que residan nunha zona de sombra onde non se reciban as canles de televisión da TDT por vía terrestre e pertenzan a algún destes colectivos:

  1. Persoas maiores de 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de grao II ou III.
  2. Persoas cun grao de discapacidade do 33% ou superior, constará como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual.
  3. Persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou en compaña doutra persoa maior de 80 anos.

Requisitos

  • Ter o seu domicilio principal en Galicia, no fogar situado na zona de sombra para o cal se solicita o equipamento de recepción da TDT satélite.
  • Non ter sido beneficiado doutro programa de contido e finalidade parecida de calquera outra entidade pública ou privada.
  • Non poderán acadar a condición de beneficiario aqueles solicitantes en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007.

 

 

 

Documentación

  • Solicitude  (anexo I)
  • Fotocopia compulsada do DNI do solicitante (agás que se autorice a consulta dos seus datos de identidade no sistema de verificación de datos do Ministerio de Presidencia).
  • Acreditación do empadroamento no seu concello de residencia coa relación de persoas con que convive.
  • Para os solicitantes en situación de dependencia, fotocopia compulsada da resolución de recoñecemento do grao de dependencia de grao II ou III.
  • Para os solicitantes con discapacidade auditiva ou visual, a fotocopia compulsada do certificado do grao de discapacidade do 33% ou superior, acreditada polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO), segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, a declaración e cualificación do grao de discapacidade.

Lugar de presentación

  • Presidencia. Secretaría Xeral de Medios.Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
  • En calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.

Prazo de presentación

Ata o 31 de xullo de 2010.