Abre o prazo para solicitar unha das 16 vivendas de Caldelas
1/06/2010
Está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adxudicación de 16 vivendas sitas en Caldelas deste termo Municipal. Os prezos oscilan entre 66.121 € e 80.226 €, con tipoloxías de tres e catro dormitorios. O prazo de solicitude remata o 27 de agosto de 2010.
Para facilitar a súa adquisición, poderán acollerse a importantes axudas do Plan Vivenda 2009-2010, consistentes en Prestamos Convidos, Subsidiación no préstamo, e Axudas a fondo perdido.
Para mais información poden achegarse a Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui, praza do Concello, nº 1.
As bases reguladoras pódense consultar en: http://www.concellotui.org/archivos/documentos_17_o.pdf