Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui despide o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau

24/02/2012

Sairá ás 19.30h da Praza de San Fernando

 

Tui despedirá o Entroido este domingo coa  celebración do Enterro do Bacallau. A cita, que volverá ser multitudinaria, partirá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando para facer un percorrido pola rúa Seixas, Porta da Pía, Ordóñez e Paseo da Corredoira. A comitiva fúnebre fará un alto no Cantón de Diomedes para dar lectura ao testamento do Bacallau e as coplas. Logo continuará pola Praza da Inmaculada, rúa Augusto González Besada, e enlace da rúa Ourense ata o aparcamento municipal onde se procederá á incineración do Bacallau.

 

No Enterro do Bacallau deste domingo participarán ás 14 comparsas, que suman preto de mil persoas, que o pasado martes concursaron no desfile tudense, xunto cos seus acompañamentos musicais.  A elas sumaranse outros centos de persoas que  despedirán deste xeito o Entroido deste ano 2012.

 

Para ler as coplas é preciso entregar unha copia cinco minutos antes á organización.

 

Restricións do tráfico

 

Debido á celebración do Enterro do Bacallau a Policía Local informa que o domingo non se poderá estacionar na rúa Seixas dende ás 16.30h e ata ás 20.30h, amais esta rúa estará pechada a circulación de 18.30h a 20.30h.

 

Amais o aparcamento municipal permanecerá pechado o domingo, xa que neste espazo terá lugar a incineración do bacallau, dende ás 14h e ata ás 24h.