Oficina de Orientación e Información Laboral do Concello de Tui
4/11/2011
O Concello de Tui, pon a disposición dos interesados, a oficina de orientación e información laboral, financiada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Esta oficina conta cunha orientadora laboral, en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres, e atópase no centro de formación do Concello, en Guilarei.
As persoas interesadas en ter unha entrevista, deben solicitar cita previa, chamando ó 986603228 ou no enderezo electrónico orientación@concellotui.org, ou ben achegándose ás instalacións.
Asimesmo, dispón de localización na páxina web do Concello, concellotui.org, dentro dos servizos prestados no centro de formación.