Resolución da Alcaldía en relación co proceso selectivo para contratación de dous operarios de mantemento an piscina municipal
DON JOSÉ ÁNGEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, SECRETARIO EN FUNCIÓNS DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, ditouse a seguinte,
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
En relación co proceso selectivo para a contratación laboral temporal DE DOUS OPERARIOS DE MANTEMENTO E OUTRAS ACTUACIÓNS NA PISCINA MUNICIPAL a tempo parcial para o Concello de Tui, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dna. Ceferina Saa Rodríguez.
*D. José María Melero González.
*D. Amalia González Solla.
-Secretario: *D. José Ángel Fernández Rodríguez.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ó Tribunal e ós aspirantes para o día 15 de xuño de 2011, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, expido a presente, en Tui, a 13 de xuño de 2011.
Visto e Prace
O ALCALDE