Resolución do Tribunal en relación co proceso de selección de Bolseiros Turismo
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA".- En relación co proceso de selección para a concesión de dúas BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA REALIZAR TAREFAS DE INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE TUI,
RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais:
*Dna. Ceferina Saa Rodríguez.
*Dna. Myriam Buján Garrido.
*D. Francisco Javier Antoñón Clemente
-Secretario:
*Dna. Irene Suárez López.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar ó Tribunal e aos aspirantes para o día 31 de marzo de 2011, ás 13:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a trinta de marzo de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE