Resolución praza aux. administrativo a tempo parcial
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA"
Visto que con data 18 de marzo de 2011, convocóuse proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun auxiliar administrativo para a súa cobertura na modalidade de interinidade motivándose tal convocatoria na situación de incapacidade laboral temporal do titular da praza.
Visto que o periodo de contratación se condicionaba á incorporación do traballador.
Visto que con data 25 de marzo de 2011, finalizou o prazo de presentación de instancias para o devandito proceso de selección.
Visto que con data 28 de marzo de 2011, a traballadora en situación de baixa por incapacidade temporal presenta a alta médica e consiguiente incorporación o seu posto de traballo, e por todo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro.- Deixar sen efecto á convocatoria de data 18 de marzo de 2011, con fundamento nos motivos arriba expresado.
Segundo.- Que se proceda á devolución das tasas por dereitos de exame a tódolos aspirantes que abonaran as mesmas para a súa presentación ao proceso de selección.
Terceiro.- Dar traslado da presente Resolución ao departamento de Tesourería para que proceda á citada devolución.
Cuarto.- Que se proceda á publicación desta Resolución para público coñecemento.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a vintenove de marzo de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE