Data e fechas de exame do proceso de selección para a contratación laboral temporal de CATRO AUXILIARES POLICIA LOCAL do Concello de Tui
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de CATRO AUXILIARES POLICIA LOCAL do Concello de Tui, mediante o sistema de acceso libre, e que foi convocado en virtude de resolución de Alcaldía de data dezanove de outubro de dous mil dez, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Aprobar a relación de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS:
-Areal Lago, Damián.
-Cal Fernández, Óscar.
-Diz González, Víctor.
-Fernández Estévez, Mª Luisa.
-Martínez Muñiz, Miguel Ángel.
-Moral Soto, Enrique.
-Rivas Parada, Javier.
-Rodríguez Muñiz, Raquel.
-Seoane Rodríguez, José Manuel.
EXCLUIDOS:
-Ningún.
SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Manuel Arca Caeiro.
-Vocais:
*D. Benito Morais Carballo.
*D. Sergio Bugallo Garrido.
*D. David González Martínez.
-Secretario:
*D. Avelino Martínez Pérez.
TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro xoves, día 28 de outubro de de 2010 as 12:00 horas, nas Instalacións Deportivas de A Macoca (Pazos de Reis), para a realización das probas físicas, procedéndose unha vez finalizadas as mesmas, á realización das probas teóricas no Centro de Formación do Concello de Tui, sito en Gándara-Guillarei, s/n.
Mándoo e asínoo en Tui a vintesete de outubro de dous mil dez.
O Alcalde-Presidente Dou fe,
A Secretaria,
Asdo. Antonio F. Fernández Rocha Asdo. Irene Suárez López.