Lista e data de exame para a contratación laboral temporal dun monitor para impartir o módulo de formación para igualdade dentro do curso de “aplicacións informáticas de xestión”
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:
“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal dun MONITOR PARA IMPARTIR O MÓDULO DE FORMACIÓN PARA IGUALDADE DENTRO DO CURSO DE “APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN” para o Concello de Tui convocado mediante Resolución da Alcaldía de data 26 de maio de 2010, e publicada no Faro de Vigo de data 27 de maio de 2010.
PRIMEIRO.- Aprobar a lista de admitidos e excluidos no proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS:
-MÁRQUEZ FERNÁNDEZ, INÉS.
-OTERO RODRÍGUEZ, MARÍA ELENA.
EXCLUIDOS:
-NINGÚN.
SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: *D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dna. Miriam Buján Garrido.
*D. Aitor Iglesias Monzón.
*D. José Ángel Fernández Rodríguez.
-Secretario: *Dna. Irene Suárez López.
TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro día 18 de outubro de 2010 ás 13:00 horas, nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a quince de outubro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE