Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui asina o convenio da oficina de Rehabilitación para todas as axudas de rehabilitación do plan Vivenda e do programa autonómico, así como no programa aluga e na erradicación do chabolismo.

24/06/2010







O CONCELLO DE TUI ASINA O CONVENIO DA OFICINA DE REHABILITACIÓN PARA CONVERTELA NUN INSTRUMENTO AO SERVIZO DOS CIDADÁNS QUE PRESTARÁ SERVIZO DE PORTELO ÚNICO DE INFORMACIÒN E XESTIÓN DE AXUDAS EN MATERIA DE VIVENDA

- A oficina prestará servizos de portelo único en todo o relacionado coas axudas de rehabilitación do Plan de Vivenda e do programa autonómico, así como no Programa Aluga e na erradicación do chabolismo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), asinou hoxe convenio co Concello de Tui que dispón de oficina de rehabilitación, regulando no mesmo a colaboración na difusión das axudas en materia de vivenda e a tramitación de determinados aspectos das mesmas. O convenio tamén regula o financiamento da oficina de rehabilitación por parte do IGVS e a posibilidade de que os concellos se acollan ao financiamento, para os mesmos fins, do Ministerio de Vivenda, comprometéndose o IGVS a levalo ante a Comisión Bilateral de Seguimento do Plan de Vivenda.

Con este convenio poténcianse a oficina municipal de rehabilitación como portelo únicos e búscase un mellor emprego dos medios e persoal existente. Procúrase ademais unha actuación máis eficaz evitando a repetición de actos administrativos, como a inspección das mesmas obras por parte de técnicos municipais, técnicos da oficina de rehabilitación e técnicos da Xunta de Galicia cando ditas inspeccións poden ser realizadas exclusivamente polos técnicos da oficina de rehabilitación.

O convenio asinado hoxe regula a colaboración entre administración a través das oficina de rehabilitación municipal-portelos único de información e xestión sobre axudas do plan de vivenda e outras actuacións das políticas de vivenda. Dita oficina de rehabilitación-portelo único continuará xestionando as axudas relativas á área de rehabilitación declarada, pero tamén prestarán servizos como instrumento técnico de aseroramento e colaborarán na divulgación das axudas estatais e autonómicas do Plan de Vivenda, así como dos programas autonómicos en materia de rehabilitación que se aproben no período de vixencia do convenio.

O convenio asinado tamén encomenda á oficina de rehabilitación-portelo único as tramitacións de tipo técnico referidas ás actuacións en materia de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, como son as axudas de áreas de rehabilitación, as axudas Renove do Plan de Vivenda e as axudas autonómicas de rehabilitación en conxuntos históricos ou no medio rural.

Tui, 21 de xuño de 2010