Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Información curso de atención socio sanitaria a dependentes en institucións sociais

16/06/2010
" A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa da acción formativa "ATENCIÓN SOCIO SANITARIA A DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS" que a Fundación Galicia Emigración vai desenvolver en Vigo
 

DESCRICIÓN :

Acción formativa que capacita para atender á persoa dependente en institucións sociais, con alteracións da súa saúde física, psíquica e social, de tal xeito que a institución social proporcione as carencias socio sanitarias que teña para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno. Esta formación capacita para obter o certificado de profesionalidade de atención socio sanitaria a dependentes en institucións sociais.

METODOLOXÍA

 O proceso de aprendizaxe será unha combinación de clases teóricas, así como prácticas que se desenvolverán en centros sanitarios ou de maiores, poñendo deste xeito en contacto ao alumnado coa realidade laboral.

BENEFICIARIOS:

Emigrantes retornados e inmigrantes.

 PROGRAMA FORMATIVO:

 A duración será de 460 horas lectivas, que se distribuirán en 370 horas de formación teórica, 80 horas de formación práctica, 5 horas dun curso de manipulación de alimentos e 5 horas dun módulo de técnicas de busca de emprego.

DATAS:

Do 8 de xullo e ata o 15 de novembro de 2010. HORARIO: De luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h.

 LUGAR:

Vigo (Pontevedra). Na Rúa Romil, nº 75/77 .

PRAZAS

15 alumnos

CUSTO:

Totalmente Gratuíto. INCENTIVOS Á ASISTENCIA: Outorgaranse unha axuda de 6 € por cada día de asistencia ao curso, a tódolos asistentes

FINALIZACION PRAZO DE INSCRICIÓN:

3 de xullo de 2.010.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

Poderán dirixirse á Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui, sita no propio Concello cun horario de atención ao público de 10:00 a 14:00 , de luns a venres., teléfono 986603625 extensión 29"
 
 
Moitas grazas e un saúdo
 
Ana Ubiña
Técnico de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui