Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Correción de erros nas bases e novos prazos no proceso de selección para unha praza de arquitecto interino do Concello de Tui

9/06/2010

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO CONCELLO DE TUI,

CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data, dictóuse a seguinte Resolución:

 

 

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

Aprobadas con data 4 de xuño de 2010 a convocatoria e bases para a selección dun Arquitecto en rexime de interinidade, e detectado erro material na puntuación asignada a cada un dos apartados do baremo relativo á fase de concurso.

Visto que segundo o disposto no artigo 105 da Lei 30/1992 as Administracions públicas poderán, rectificar en calquer momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta Alcaldía no uso das súas facultades en materia de rexime local, RESOLVE:

 

Primeiro: Proceder a corrección do erro material detectado, quedando redactado como segue o apartados A), B) e C) a base terceira das citadas bases:

 

"A) EXPERIENCIA PROFESIONAL.-. A experiencia laboral puntuarase dacordo co seguinte baremo:

 

-          Polo tempo se servizos prestados como funcionario ou persoal laboral en postos de cometido igual ou similar ó convocado, de grupo A1: 0,1 punto por mes ata un máximo de 2,00 puntos. 

Xustificación: Mediante certificación emitida pola administración correspondente onde se exprese o período de contratación, se é a tempo completo ou parcial e categoría profesional, mediante copia autenticada dos documentos acreditativos dos servizos prestados (contratos de traballo e mais vida laboral) que deberán sinalar todos e cada un dos datos indicados anteriormente.

 

B) FORMACIÓN PROFESIONAL.- So se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre  unha Administración pública, un Centro oficial de formación ou unha institución homologada para impartir formación profesional continua, que se acreditarán mediante a presentación de copia cotexada e segundo o establecido no seguinte baremo, cunha puntuación máxima de 1 punto:

 

-          Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: 0,5 puntos

-          Por cada curso de duración igual ou superior a 20 horas: 0,4 puntos

-          Por cada curso de duración igual ou superior a 10 horas: 0,3 puntos.

 

Non se valorarán asistencias a xornadas, simposios, conferencias, ou cursiños e, en xeral, dunha duración inferior a 10 horas.

 

Xustificación: mediante fotocopia compulsada dos títulos ou diplomas extendidos ou certificacións expedidas polo Organismo ou centro correspondente coa expresión do curso ou xornada realizada e número de horas

 

C) SUPERACIÓN DOUTRAS PROBAS.- Puntuarase a acreditación de ter superado algún exercicio nas probas de acceso á Administración pública, para unha praza de arquitecto.

 

-          Por cada exercicio superado: 0,10 puntos. Cunha puntuación máxima de 1 punto.

 

So se puntuarán as probas selectivas superadas cunha anterioridade non superior a 5 anos, referida a data de presentación da solicitude.

 

Xustificación: Mediante certificación expedida pola Administración correspondente onde se acrediten os extremos arriba sinalados.

 

Segundo: A presentación de solicitudes quedará ampliado 7 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación desta Resolución no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do mesmo (www.concellotui.org).

 

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a nove de xuño de dous mil dez.

 

 

Visto e Prace

O Alcalde.