Rectificación na data de exame do proceso para contratación dun técnico de apoio al inmigrante e emigrante retornado
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía, con esta mesma data dictouse a seguinte:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA.-
Vista a Resolución de data 7 de abril de 2010, en relación co proceso de selección para a contratación dun TÉCNICO DE APOIO E ATENCIÓN AO INMIGRANTE E EMIGRANTE RETORNADO, no que se designa como membros do Tribunal avaliador a :
-Presidente:*D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dna. Ángeles Domínguez Ramos.
*Dna. Miriam Buján Garrido.
*D. José Ángel Fernández Rodríguez.
-Secretaria: * Dna. Irene Suárez López.
Así mesmo, na citada Resolución, declaranse admitidos a tódolos presentados e se fixaba como data e lugar para a realización do exercicio o día 09/04/2010 nas dependencias da Casa Consistorial do Concello, sita na Praza do Concello nº 1.
Visto que, debido aos problemas de orde técnico xurdidos, a devandita Resolución non puido ser publicada na páxina Web do Concello de Tui, e dado que de conformidade co que establecían as Bases da convocatoria, de data 18 de marzo de 2010, a lista de aspirantes definitivamente admitidos así como, composición do tribunal e lugar e data de exame, será exposta no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina Web do mesmo, RESOLVO:
1º.- Convocar novamente aos aspirantes e ao Tribunal para o vindeiro día 13 de abril de 2010, ás 12:00 horas nas dependencias da Casa Consistorial para a realización do proceso de selección.
2º.- Ordenar a publicación desta Resolución no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina Web do mesmo.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a nove de abril de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE