O sábado celébrase o II Festival de Playbacks
Será ás 18.30h no Teatro Municipal
O sábado celébrase o II Festival de Playbacks
Participan sete asociacións culturais e Vontade
Martes, 6 de abril de 2010. Por segundo ano consecutivo a Concellería de Cultura de Tui organiza durante as Festas de San Telmo un Festival de Playbacks no que van participar os grupos locais. A cita será o sábado día 10 ás 18.30h no Teatro Municipal con entrada libre.
Os grupos das distintas asociacións culturais que existe no municipio levan xa semanas ensaiando as súas postas en escena para esta gran cita. Aquí imitarán aos seus artistas preferidos ou farán parodias dos seus concertos. Van actuar os grupos de playbacks das Asociacións Culturais "Seixos Albos" de Areas, "San Fins" de Rebordáns, "Aloia" de Pazos de Reis, "A Insua" de Caldelas, "Santa Columba" de Ribadelouro, "O Mosteiro" de Pexegueiro e "Xuntanza" de Randufe. Tamén participará no festival o grupo de playbacks da Asociación de Discapacitados do Baixo Miño "Vontade".
II Festival de Playbacks
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Sábado 10 de abril ás 18.30h
Entrada libre