Publicados o tribunal e datas das probas para as prazas de auxiliar para Area de Rehabilitación e auxiliar para Servizos Sociais
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA:
Que por parte da Alcaldía con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
"En relación co proceso para a contratación dunha persoa como Auxiliar Administrativo para a súa adscripción á Oficina Técnica de Rehabilitación do Conxunto Histórico do Concello de Tui, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dª. Myriam Buján Garrido
*Dª. Mª Jesús Blanco Martínez
*D. José Mª Melero González.
-Secretaria: Dª. Irene Suárez López.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ós aspirantes, para o día 14 de xaneiro de 2010 ás 10,00 horas nas dependencias deste Concello para a realización das probas.
E para que así conste, expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a once de xaneiro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA:
Que por parte da Alcaldía con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
"En relación co proceso para a contratación dunha persoa como Auxiliar Administrativo para a súa adscripción aos Servizos Sociais do Concello de Tui, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dª. Myriam Buján Garrido
*Dª. Mª Jesús Blanco Martínez
*D. José Mª Melero González.
-Secretaria: Dª. Irene Suárez López.
2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
3º.- Convocar, ós aspirantes, para o día 13 de xaneiro de 2010 ás 10,00 horas nas dependencias deste Concello para a realización das probas.
E para que así conste, expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a once de xaneiro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE