Publicado tribunal e datas da proba para a praza de traballador/a social
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA:
Que por parte da Alcaldía con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
"En relación co proceso de selección para a contratación laboral temporal dun/dunha TRABALLADOR/A SOCIAL, RESOLVO:
1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas:
-Presidente: D. Rafael Sánchez Bargiela.
-Vocais: *Dª. Myriam Buján Garrido.
*D. José Mª Melero González.
*D. José Ángel Fernández Rodríguez
-Secretaria: Dª. Irene Suárez López.
2º.- Designar como asesora do Tribunal á Traballadora Social deste Concello:
*Dª. Carmen Mª González Fernández
3º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados.
4º.- Convocar, ós aspirantes, para o día 12 de xaneiro de 2010, ás 17,00 horas nas dependencias deste Concello para a realización das probas.
E para que así conste, expido a presente de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a once de xaneiro de dous mil dez.
Visto e Prace
O ALCALDE