Homenaxe do Concello de Tui aos deportistas tudense con éxitos internacionais este sábado 12 de decembro
Homenaxe aos deportistas con éxitos internacionais este sábado
Este sábado, 12 de decembro, á unha do mediodía, terá lugar na Casa do Concello de Tui a homenaxe aos deportistas tudenses que na pasada temporada acadaron éxitos internacionais. Deste xeito cúmprese co acordado polo pleno o pasado mes de outubro.
Os galardoados son:
Manuel Garrido Barbosa pola medalla de ouro no Campionato do Mundo de Piragüísmo na modalidade de maratón en c1 sub-23. Tamén logrou o Campionato de Europa na mesma modalidade. Recibirá placa conmemorativa e mil euros
Nuria Domínguez Asensio pola medalla de ouro en remo Skiff feminino nos XVI Xogos do Mediterráneo. Recibirá placa conmemorativa e mil euros.
Amais outorgaráselle placa conmemorativa e 500 euros a :
Roberto Rodríguez Lechuga medalla de ouro en k4 sub-23 no Campionato de Europa de Piragüísmo.
Adrián González Fernández, medalla de ouro no Campionato de Europa de Maratón de Piragüísmo en c2 junior.
A corporación acordou tamén facer entrega dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu traballo ás entidades deportivas Club Remo do Miño, Club Kaiak Tudense e Club Di-Som Tui.
Tomado de www.galicisuroeste.info