Comunicado da Concellería de Educación diante das reclamacións da ANPA do CEIP nº 2
A Concelleira de Educación expón o seu compromiso para solucionar os problemas nos colexios
Patricia Ricón explica que a competencia municipal se limita as tarefas de mantemento e sae ao paso das reclamacións da ANPA do CEIP nº2 Xoves 31 de xaneiro de 2008
A Concelleira de Educación, Patricia Ricón Alonso, quere por de manifesto e en coñecemento dos interesados unha serie de apreciacións en relación coas reclamacións presentadas no Concello de Tui pola ANPA “As Olivas” do CEIP nº2.
Así en primeiro lugar a concelleira, Patricia Ricón, indica que as peticións máis importantes que se expoñen por parte da ANPA sobrepasan as responsabilidades municipais, porén sinala que se prestou dende o seu departamento “a máxima colaboración e interese para que se solucionen”.
En segundo lugar, e con respecto ás reclamacións presentadas, manifesta o seguinte:
- En canto á perigosidade que pode entrañar á entrada e saída do centro, a Concelleira comparte a preocupación dos pais e explica que mantiveron diversos encontros entre o seu departamento, a Concellería de Tráfico, a Concellería de Tráfico e o Presidente da ANPA. Sobre esta cuestión informa a Concelleira que vai pedir un informe á Policía Local sobre as posibles solucións e remitirllo á Delegación Provincial.
- No referente á estreita entrada de acceso ao recinto escolar que ten máis de 30 anos, explica que existe xa un compromiso adquirido pola Concellería de mellorala e incluso transformar os escalóns existentes nunha rampla, o que suporá unha clara mellora na accesibilidade que xa se está a realizar por parte do Concello.
- Por outra parte con respecto ao peche traseiro do recinto escolar, explica a Concelleira que a porta que estaba rota xa foi substituída, quedando pendente o peche do portal existente decisión que compete á Dirección do centro, explica Patricia Ricón, ao tempo que engade que compartindo a preocupación dos país puxeron o tema en coñecemento do Delegado Provincial
- Tamén dende a Concellería de Educación transmitiron Delegado Provincial o desexo da ANPA de proceder a cubrir a beirarrúa que comunica o colexio co ximnasio, e nese senso si queren matizar que os nenos non se embarrar para ir dunha instalación a outra xa que existen beirarrúas, e avanza que o concello vai executar outro tramo de beirarrúas até pistas polideportivas nun tramo que na actualidade carece delas.
- No tocante ao parque infantil explica Patricia Ricón que acaban de colocar novos elementos de xogos, sen entrar en valoración de se esta é competencia municipal.
- Por outra parte sinala que se vai arranxar a fonte existente e se estuda colocar unha segunda na zona infantil.
- Por último explica Patricia Ricón que as tapas dos w.c. van ser repostas, engadindo que estes son destrozos habituais e os recursos económicos para facer fronte ás reparacións son limitados e os centros escolares aos que atender son moitos.
Por último dende a Concellería de Educación insisten no seu compromiso e apoio para solucionar os problemas existentes nos distintos centros, pero quere deixar constancia de este departamento só ten competencia directa no mantemento dos colexios.