Reproducións da Catedral e de castelos realizados con pezas de Exin Castillos expóñense na Oficina de Turismo
A Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, acolle ao longo do mes de abril a exposición “Galicia con Exin Castillos” en colaboración con La Trastienda de Lupadás.
Luís Arias de La Trastienda de Lupadás é o autor da meirande parte das pezas que se expoñen froito de moitas horas de traballo.
4.800 pezas son as empregadas para construír a fachada románica e a Torre de San Andrés da Catedral de Tui, mentres que 300 pezas foron as utilizadas para construír unha versión mini da Catedral co pórtico gótico e a praza de San Fernando.




