Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui recoñece o labor de José Luís Méndez dándolle o seu nome ao Centro Municipal de Remo

Undefined

O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase dende hoxe José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.

Na fachada principal do edificio deportivo aparece xa a nova denominación, ao tempo que no interior unha placa, que foi descuberta pola viúva de José Luís Méndez, recolle o acordo plenario da corporación tudense neste senso.

Presentación da XLII Regata Miño Internacional

Undefined

Mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 11.30 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 14 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

Listaxe de requirimentos de documentación para os campamentos de Nadal Tui 2022

Undefined

Publícase a listaxe de requirimentos de solicitantes de participación nos campamentos de Nadal organizados polo Concello de tui. 

O prazo de subsanación finaliza o próximo lunes 19 de decembro e o martes 20 publicarase a a listaxe definitiva.

 Listaxe de requirimentos de documentación para os campamentos de Nadal Tui 2022

 

Tui festexou os éxitos dos e das súas deportistas na X Gala do Deporte

Undefined

O deporte tudense está cheo de fazañas que escribiron con letras de ouro o nome da cidade en todo o mundo. Ano a ano, a listaxe de grandes deportistas que compiten baixo o nome de Tui non deixa de medrar, ao que se suma o gran nivel acadado por todos eles traendo de volta os máis prestixiosos premios e condecoracións. É por isto que o nivel de todos eles merece unha homenaxe no que foi o seu día.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes