Presentación do Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico
Mañá xoves, 30 de xaneiro, ás 11.00 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego de Longa Distancia de Remo Olímpico. Este evento celebrarase no río Miño, este sábado 1 de febreiro, organizado pola Federación Galega de Remo, en colaboración co Concello de Tui, co Club Remo do Miño, co Club Remo Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Comandancia Naval do Miño e Protección Civil de Tui.
Na presentación mañá xoves estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Remo, José Luís Méndez, o comandante Naval do Miño, Andrés Díaz-Ripoll, o comandante do Cabo Fradera, Pablo Antonio Navarro, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o presidente do Club Remo Tui, Diego Das Dores, acompañados por outros concelleiros e concelleiras da corporación municipal.