O Planetario Viaxando polo Universo poderá visitarse en Tui do 2 ao 4 de xaneiro
Na programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá entre o luns 2 e mércores 4 de xaneiro o “Planetario viaxando polo universo” unha actividade divulgación científica dirixida a todas as persoas interesadas no mundo da astronomía. Haberá sesións diarias ás 12.00 h, 12.45 h, 13.30, 17.00, 17.45 e 18.30 h con capacidade limitada en cada quenda. Para asistir é preciso inscrición previa no correo electrónico en biblioteca@tui.gal ou presencialmente no propio centro bibliotecario indicando un telefono de contacto.