Este venres preséntase a programación do Verán Cultural
Este venres, 9 de xullo, ás 11 h no Cárcere Vello presentarase a programación do Verán Cultural 2021.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Este venres, 9 de xullo, ás 11 h no Cárcere Vello presentarase a programación do Verán Cultural 2021.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na casa do concello ao delegado do goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada do goberno na provincia, Maica Larriba, onde mantiveron unha reunión de traballo. Posteriormente desprazáronse até a Avenida de Portugal, cuxo proxecto de humanización, por importe de 500 mil, xa foi aprobado polo goberno central, e agarda agora os informes de Patrimonio e do Concello de Tui, para saír a licitación, segundo confirmou ao alcalde o delegado do goberno.
Está xa rematada a obra de mellora da capa de rodadura no vial que une os lugares de O Calvario e Baños na parroquia tudense de Caldelas.
Os traballos, que abrangueron unha superficie de 1.980 m2, consistiron na limpeza das cunetas, fresado do firme existente, reposición do pavimento e tapas de saneamento, pintado da sinalización horizontal e obras accesorias.
Este xoves, 1 de xullo, ás 12:30 h no Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela, preséntanse as Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.
No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Tamén asistirán a xerente da Red de Juderías, Marta Puig, xunto á autora das guías, Alejandra Abulafia e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Hoxe tivo lugar na Comandancia Naval do Miño o acto de Entrega de Mando ao capitán de corbeta Pablo Redondo Belzunce. Estivo presente no acto o almirante de Acción Marítima, Juan Luis Sobrino Perez-Crespo e o capitán saliente, Juan Díaz Rodríguez, xunto a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
Tui recibirá 329.859,49 € do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22 para converter o cárcere vello nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes, proxecto que foi financiado integramente polo Concello de Tui.
O Plan Nacional Turístico Xacobeo ten por obxectivo impulsar os Camiños de Santiago. Foi presentado hai uns días pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
O Consorcio de Augas do Louro informa da realización dun corte de subministro da tubaxe principal de fundición de 450 mm de diámetro que abastece ao polígono de Areas, á parroquia de Areas e aos Concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda, programado para o vindeiro luns 21/06/21 a partires das 23:00 horas e ate o martes 22/06/21 ás 07:00 horas.
O Pavillón do IES San Paio de Tui é a sede elixida pola Federación Galega de Bádminton para celebrar este sábado o Campionato Autonómico Sub11 de bádminton. A competición comezará ás 10 h e tendo en conta o número de inscricións, algo máis de 40 deportistas, poderá prolongarse até ás 20 h.
Mañá xoves, 17 de xuño, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, realizarase a presentación do Campionato Autonómico Sub11 de bádminton. Esta proba celebrarase este sábado, 19 de xuño, no pavillón do IES San Paio de Tui.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, e a presidenta e o secretario do Club Bádminton Tui, Marisa Giraldez e Javier Argüelles.
Os Concellos de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Mondariz veñen de reunirse novamente para tratar o delicado asunto das Piscinas Municipais para este verán.