Manuel Madarnás presenta este venres no Teatro Municipal o seu traballo discográfico “La MMarca”
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 4 de marzo, ás 21 h o concerto presentación de “La MMarca” de Manuel Madarnás. Un disco que saíu a luz o pasado mes de agosto cando se presentou amais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “Sway”. Trátase, segundo Manuel Madarnás, “dun proxecto innovador, con moitas sorpresas e que trata de pór en valor a música instrumental”.