Patrimonio autoriza á humanización do Paseo da Corredoira
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia vén de autorizar o anteproxecto de humanización do Paseo da Corredoira. En concreto trátase da “Mellora da Mobilidade Peonil e Rexeneración urbana na Corredoira e na súa contorna” segundo o anteproxecto redactado polo Estudio Mmasa. Tanto a redacción do proxecto coma o estudo de mobilidade realizado foron financiados con fondos do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra cunha achega de 50 mil euros.