Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un novo auto xudicial reitera a non imputación do Alcalde no chamado “Caso Patazumba”

7/05/2012

Un novo Auto do Xulgado de Instrucción nº 1 de Tui en relación co coñecido como “Caso Patazumba” reitera “el sobreseimiento de las actuaciones por no reputarse indiciariamente los hechos constitutivos de infracción penal respecto de Moisés Rodríguez Pérez y Antonio Feliciano Fernández Rocha”. En consecuencia, os órganos xudiciais competentes volven a reiterar a non imputación do Alcalde de Tui, Moisés Rodriguez Pérez, en delicto algún en relación con este caso.

 

Para o rexedor tudense queda en evidencia nunha nova oportunidade a legalidade da súa actuación e a falsidade das reiteradas acusacións tanto de diversos grupos municipais de oposición como doutros colectivos que aseguraban a súa condición de imputado. Unhas infundadas acusacións que foron recollidas nun medio de comunicación que tivo de rectificar publicamente. En consecuencia, sinala o alcalde tudense, cómpre agora que os mesmos que falsamente acusaban en público de imputado ao Alcalde agora tamén publicamente rectifiquen as súas palabras, pois as acusacións realizadas foron moi graves e dificilmente reparable o dano moral realizado.

 

Este novo Auto xudicial de transformación, de data 25 de abril de 2012, analiza a tala de carballos realizada no entorno do hórreo existente naquela finca, logo de estimar por outro Auto de 8 de novembro pasado a reforma do arquivo deste causa tras a interposición do correspondente procedemento por parte da Asociación “Arcebispo Lago”. Dada a condición xenérica de Ben de Interese Cultural deste hórreo existe un ámbito de protección que este Auto estima non foi respectado na devandita tala.procedendo a imputar un delicto contra o patrimonio artístico ao propietario do terreo e a un axente forestal.

 

Resulta, en definitiva, evidente que tanto o Alcalde tudense como o seu antecesor actuaron axustándose á legalidade neste asunto pois as respectivas sentenzas xudiciais así o teñen acreditado deslexitimando a pretensión de diversos grupos políticos e sociais de xudicializar a vida municipal tudense. Finalmente o Alcalde de Tui reitera a súa confianza na xustiza e rexeita as actuacións daqueles que pretenden sementar dúbidas sobre a legalidade da actuación municipal e danar o nome da nosa cidade.