Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Servizos Sociais e a Cruz Vermella organizan un taller de economía doméstica

20/11/2012

A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS COLABORA COA “CRUZ VERMELLA” NUN TALLER DE “ECONOMÍA DOMÉSTICA”

Participan dez familias con risco de exclusión social

 

 

A Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Tui, Dorinda Olga Montes Moldes, realizou onte unha visita ao taller de “economía doméstica” que imparte na nosa cidade a “Cruz Vermella” do Baixo Miño en colaboración co Concellería de Servizos Sociais tudense.

 

O taller desenvólvese o longo de tres xornadas ao longo das que os participantes recibirán unha formación en temas como

1º nutrición e elaboración de menús

2º publicidade e consumo responsable

3º como facer a compra no supermercado

 

Neste taller participan dez familias usuarias dos servizos sociais tudense e que na actualidade sofren risco de exclusión social. Con esta actividade formativa preténdese mellorar as condicións de vida destes grupos familiares contribuíndo a facilitar a xestión do seu fogar aportando coñecementos básicos nestas materias que poden resultarlles útiles no seu quefacer diario.