Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello organiza un curso de español para inmigrantes

26/11/2012

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, desenvolverá un curso de Español para inmigrantes a partir de hoxe luns 26 de novembro e ata o 14 de decembro, no que participarán un total de 13 alumnos, homes e mulleres marroquís que residen en Tui.

 

Esta actividade está financiada integramente polo Concello de Tui co fin de favorecer a integración social das persoas inmigrantes que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade, agravada pola barreira que supón o descoñecemento do idioma para a comunicación ou para calquera actividade diaria.

 

Este curso é organizado dende a Oficina de Atención ao inmigrante e emigrante retornado dos servizos socias do Concello de Tui, que dirixe a Concelleira Dorinda Olga Montes Moldes.

 

Os obxectivos do curso son dotar os alumnos de recursos comunicativos necesarios para que se desenvolvan en situacións sinxelas da vida cotiá e intercambien información básica, favorecer a comprensión da lingua e cultura española para axudar a súa integración e desenvolvemento no entorno no que viven.