Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui impartirá catro cursos de formación

2/04/2008

O Concello de Tui vai impartir catro cursos do Plan FIP

    O Concello de Tui vai impartir catro cursos de formación ao abeiro do Plan FIP 2008. As persoas interesadas en realizar algún dos cursos débese inscribir canto antes na oficina do INEM en Tui.

    Os  cursos concedidos son de Electricista de Edificios, Carpinteiro, Electricista de mantemento e Fontaneiro, e impartiranse no Centro de Formación na Gándara en Guillarei teñen unha duración que oscila entre as 930 e ás 620 horas. Todos se impartiran en horario de mañá salvo o de Electricista de Mantemento que será de tarde e para este é preciso contar co Certificado de escolaridade con 2 anos de experiencia, FPI electricidade con 1 ano de experiencia ou FPO montaxes eléctricos ou auxxiliar electricista.

    Amais de inscribirse no INEM os interesados deberán pasar as probas de selección que serán o 22 de abril ás 10, para Carpinteiro; o 23 de abril ás 10, para Fontaneiro, e o 24 de abril ás 10 para Electricista de edificios e ás 11.30 para Electricista de Mantemento.

Texto tomado de www.galiciasuroeste.info