Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui destina máis de 25.000 € para subvencionar a distintos colectivos de carácter social de Tui e a súa bisbarra

11/12/2012

O Concello de Tui destina unha significativa partida dos seus orzamentos para colaborar economicamente co funcionamento de diversos servizos y colectivos destinados á atención social de Tui e a súa contorna. Concretamente 25.600 euros son investidos neste ámbitos.

 

Con estas achegas  se colabora a través dun convenio específico con entidades como Aceesca, A Asociación Española contra o cancro, Avelaiña, Asociación de Alcoholicos Rehabilitados, San Xerome Emiliani, Voluntariado da Caridade de Tui, Asociación de Solidariedade co Pobo Saharaui, Cruz Vermella do Baixo Miño xunto á Cruz Vermella Portuguesa de Valença ou a Asociación de Bombeiros Voluntarios de Valença.

 

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, con estas subvencións o Concello de Tui apoia a importantísima labor que este amplo abano de colectivos realizan na nosa cidade ou colaborando na atención a veciños e veciñas de Tui, en moitos casos en situacións de especial vulnerabilidade, testemuñando o importante compromiso que mantén o Concello tudense en materia de servizos sociais. Pois xunto a esta partida de máis de 25.000 euros destinada o apoio o movemento asociativo  o Concello a través dos servizos sociais comunitarios municipais, atende a veciños e veciñas de Tui que se enfrontan a situacións xeradoras de dificultades para a cobertura de necesidades de carácter básico  e coopera tamén con programas e actividades especificas dos devanditos colectivos e doutras entidades ao longo do ano, achegando máis medios económicos, humanos e materiais.