Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui achega máis de 14.000 € en subvencións a entidades relacionadas co mundo educativo

27/12/2012

O Concello de Tui ten achegado ao longo do ano 2012 un total de 14.350 euros en subvención directas e nominais a diversos grupos e colectivos relacionados co mundo da educación do noso concello e que teñen contribuído ao funcionamento destas agrupacións e a realización de actividades diversas.

 

En concreto, os colectivos subvencionados son os seguintes: ANPA “As Olivas” (Ceip nº 2), Cep Caldelas, Ceip A Gándara -Guillarei, ANPA Tyde (Colexio Rural Agrupado), ANPA Ceip Randufe, ANPA A Porteliña – Pazos de Reis, ANPA Colexio Marista “Santa María”, ANPA O Mencer – Rebordáns e ANPA Diomedes (Ceip nº 1).

 

Amais destas achegas que figuran nominativamente nos orzamentos municipais para 2012 o Concello de Tui ten colaborado con medios económicos, humanos e materiais na realización de actividades de todo tipo con estas entidades e con outras agrupacións relacionadas coas diversas comunidades educativas existentes no noso municipio.

 

Para a responsable de educación, Vanesa Rodríguez Pereira, estes importantes investimentos testemuñan o importante compromiso que asume o noso Concello para colaborar, na medidas das súas posibilidades, nas diversas propostas que promoven estas entidades e que contribúen á dinamización dos centros educativos e a promoción de actividades de formación e lecer cos alumnos e as súas familias.

 

Este investimento forma parte do importante esforzo que en materia educativa promove o Concello de Tui para proporcionar aos veciños una ampla oferta neste ámbito, onde a referencia ao Conservatorio e Escola de Música xunto a Aula da Uned é imprescindible pois son elementos básicos dos equipamentos que promove este Concello tudense en materia de formación e educación.