Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club Xadrez Tui iniciou as clases no Novo Pavillón Deportivo Municipal

13/10/2011

 

Inscricións na Escola Municipal de Xadrez

 

O pasado mércores 5 de outubro comezaron as clases da Escola Municipal de Xadrez, que dende este ano xestiona o Club Xadrez Tui nas instalacións do Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui.

Os horarios de partida das clases serán os mércores e venres de 18.00 a 19.30 horas, aínda que se irán aumentando segundo se vaian anotando máis alumnos.

Todas aquelas persoas interesadas nesta actividade poden informarse a través da páxina web www.xadreztui.org ou no número de teléfono 667.060.369

 

Click para ver en grande