Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Milladoiro en concerto o venres 17 de agosto

16/08/2007

Milladoiro repasa este venres en Tui os seus 25 anos no mundo da músicaOfrecerán un concerto ás 22.30h no aparcamento municipal

Martes, 14 de agosto de 2007. A Concellería de Cultura de Tui, Caixanova  e a Deputación de Pontevedra presentan este venres en Tui ao grupo Milladoiro en concerto. Será ás 22.30h no aparcamento municipal na parte traseira da Área Panorámica, con entrada gratuíta.Milladoiro está formado por Xosé V. Ferreirós, Nando Casal, Antón Seoane, Xosé A. Fernández, Moncho García, Roi Casal, Harry  C.  e Manu Conde. Este grupo pioneiro na música folk galega repasará en Tui os seus 25 anos de traxectoria dende que en 1978 se subiron ao escenario do auditorio da Coruña. Dende entón a súa música encheu teatros, auditorios, prazas,.... colleitando un gran éxito de público. Tamén lle chegaron o longo deste tempo numerosos premios, moitos deles por bandas sonoras coma o Goya que recibiron por “La mitad del cielo”. Os temas da súa carreira musical veñen de recollelos nun novo traballo discográfico “25” no que fan unha lectura  actualizada das súas composicións. Este novo disco será o que presenten este venres en Tui ofrecéndonos unha ollada retrospectiva dende o punto de vista da tradición coma algo vivo que evoluciona. O Aparcamento Municipal permanecerá pechado o venres dende ás 8.00hDebido a celebración do Concerto de Milladoiro o venres á noite, e doutros concerto a cargo de Mercedes Peón o domingo, aparcamento municipal de Tui permanecerá pechado dende ás 8 da mañá do venres até o luns ás 12 do mediodía.  

Milladoiro en Concerto Data: Venres 17 ás 22.30hLugar: No aparcamento municipalOrganizan: Concellería de Cultura, Caixanova e Deputación de Pontevedra