Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes mesa redonda "Xosé María Álvarez Blázquez e a literatura" con X.M. Álvarez Cáccamo, Dario X. Cabada e Xavier R. Baixeras

28/04/2008

 

MAÑA MESA REDONDA SOBRE “XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E A LITERATURA”

Contará coa participación de Xosé María Álvarez Cáccamo. Dario Xoán Cabana e Xavier Rodríguez Baixeras

Mañá martes 29 de abril e dentro da programación de actividades organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Tui para a celebración do “Ano Xosé María Álvarez Blázquez” haberá unha mesa redonda que debatira a relación do autor tudense coo literatura tanto dende o punto de vista de creador como dende o seu labor como editor e estudio da historia literaria de Galicia.

Esta mesa redonda sobre “Xosé María Álvarez Blázquez e a literatura” contará coas intervencións de Xosé María Álvarez Cáccamo, Dario Xoán Cabana e Xavier Rodríguez Baixeras, e dará comezo ás 20,00 horas no salón de actos do Museo Municipal no antigo convento de San Domingos.

Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo do escritor tudense, e un digno continuador da saga familiar e literaria dos Álvarez e posúe unha ampla obra de creación tanto narrativa como poética. É amáis crítico literario e catedrático de literatura nun instituto vigués. A sua relación filial con Xosé María Álvarez Blázquez, a quen ten estudiado e analizado, o converte nunca voz imprescindible para analizar a actividade literaria do seu pai.

Dario Xohán Cabana é un dos principais autores la literatura galega actual, tanto como poeta como narrador. Mantivo unha estreita relación con Xosé María Álvarez Blázquez, ao traballar ao longo de varios anos, con el na editorial Castrelos, desenvolvendo un fecundo labor de edición de importantes obras da nosa literatura. Ten escrito varios traballos sobre Xosé María, recentemente editou “Xosé María Álvarez Blázquez, vida e obra” (Xerais 2008).

Xavier Rodríguez Baixeras, outro destacado creador da actual literatura galega, é un experto sobre a obra poética de Álvarez Blázquez, pois é o editor da súa “Poesía Galega completa”, cuxa primeira edición foi en 1987 e agora ampliada e revisada.

Estamos pois diante dunha oportunidade excepcional para coñecer a trascendencia literaria de Xosé María Álvarez Blázquez da mán dos tres principais expertos que hai en Galicia sobre a obra do escritor e poeta tudense. Para o concelleiro de cultura de Tui é un motivo de gran satisfacción poder reunir na nosa cidade a tres escritores de sona para falar sobre o escritor a quen este ano está dedicado o Día das Letras Galegas, deste xeito todos os tudenses e as personas interesadas poden achegarse, co guiero destes tres autores, á traxectoria que como creador e estudioso da literatura desenvolveu Xosé María Álvarez Blázquez.