Hoxe, mércores 20, concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música
Hoxe Concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música
O Teatro Municipal de Tui acolle, ás oito desta tarde, o concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música.
Actuará un quinteto, un cuarteto e a orquestra de corda e vento segundo explicaba Esteban Alonso, director do Conservatorio.
Precisamente o quinteto e o cuarto de corda son as principais novidades deste concerto. Estas dúas agrupacións é a primeira vez que tocarán en público logo de dous meses de ensaios.
O obxectivo, segundo Esteban Alonso, é dar unha pequena pincelada do traballo que están a realizar nestes dous centros de estudos musicais.
Esteban Alonso destacaba o incremento do alumnos que se está a dar tanto no Conservatorio coma na Escola que ronda os 320 alumnos. Contan con seguir crecendo.
O director do Conservatorio manifestaba tamén que estes dous centros de estudos buscan manter a calidade dos estudos e ir mellorando ano a ano. Agora destacaba que están nunha fase de afianzamento. Incrementouse o número de alumnos e tamén salientaba o bo nivel destes músicos.
Tomado de www.galiciasuroeste.info