Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este vindeiro domingo 23 de Decembro primeiro “Mercado de Nadal” organizado polo Concello de Tui

21/12/2012

Na mesma xornada degustación gastronómica e concurso de panxoliñas na Catedral

Fora aprazada a pasada semana polo mal tempo

 

O vindeiro domingo 23 de decembro Tui acolle a celebración do primeiro “Mercado de Nadal” que organiza o Concello de Tui para a dinamización da zona monumental da nosa cidade. Un total de trece postos de venda de produtos relacionados co Nadal. Adornos para a arbores, figuras para o pesebre, flores e plantas navideñas, doces, froitas e alimentos típicos destas festas estarán á venda ao longo desta xornada.

 

Na presentación realizada na pasada semana o Alcalde xunto ao concelleiro do conxunto histórico xunto e a concelleira de cultura destacaron a positiva acollida desta iniciativa e a súa singularidade pois non se trata de un mercado ou feira de artesanía con mercancías para regalos senón que á venda é de produtos navideños. Trátase dunha iniciativa pioneira en Tui e na súa contorna e que tivo unha favorable acollida cos 10 postos de venda participantes.

 

O mercado abrirá no Claustro da Catedral ás 11,30 horas e pechará arredor das 19,30 horas. Nesta mesma xornada terá lugar unha degustación gastronómica organizada por nove establecementos de hostalería do conxunto histórico; en concreto, Monumental, Viños e Tapas, La Cava, Jaqueyvi, Vinoteca de García, A Adega, Novo Cabalo Furado, Pizzeria di Marco e a Muralla, que serviran a prezos populares diversos produtos de tempada. Tamén a partir das 17,00 horas a Catedral tudense acolle a celebración do XV Concurso de Villancicos que reunirá a diversas agrupacións musicais que interpretaran música navideña nun concurso de acreditada traxectoria e que reúne anualmente a numeroso público.

 

O Concello tudense convida a todos os veciños e aos visitantes a participar nesta iniciativa de carácter pioneiro e que rememorando unha tradición amplamente estendida noutros países europeos contribúe ás celebracións festivas do Nadal, á dinamización do conxunto monumental tudense e, tamén, a promoción do comercio e o artesanado local.