Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado ALDASA AMFIV vs CAI Zaragoza en Tui

8/02/2012

Pertence á Liga de Baloncesto en cadeira de rodas de División de Honra

 

Este sábado, 11 de febreiro, ás 19.30 horas, vaise disputar no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui o partido pertencente á Liga de baloncesto en cadeira de rodas de División de Honra, entre os equipos do Aldasa Amfiv e o CAI Zaragoza.

Será unha oportunidade para poder gozar en Tui dun acontecemento deportivo de primeira liña, dun deporte que aglutina importantes valores, como o afán de superación, a integración de colectivos de discapacitados e sobre todo o ensino do traballo en equipo.

A entrada é de balde.