Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de bases de dúas prazas de socorristas para Piscinas Municipais

24/05/2010

 

DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA  XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución:

"RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS SOCORRISTAS PARA AS PISCINAS MUNICIPAIS.

I.-  OBXECTO DA CONVOCATORIA.

O obxecto das presentes bases é proceder á selección de dúas persoas para a súa contratación laboral temporal a tempo parcial como Socorristas para prestar servizos durante a tempada estival, con motivo da apertura da Piscina Municipal.

II.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO.

 Os contratos rexeranse pola normativa reguladora dos contratos laborais temporais de duración determinada a tempo parcial (28 horas/semanais), cunha xornada a determinar segúndo as necesidades do servizo.

 As persoas contratadas deberá presta-los seus servicios de luns a domingo, tendo dereito á correspondente xornada de descanso así como os descansos establecidos na lexislación vixente, sen que en principio a xornada de descanso corresponda ós sábados, domingos e festivos, agás os turnos que se establezan.

Os contratos terán unha duración máxima de tres meses. A retribución bruta mensual será de 629,72 euros e incluirá salario e prorrateo de pagas extraordinarias.

III.- REQUERIMENTOS DOS ASPIRANTES.

Nas instancias solicitarase presentarse ó proceso selectivo do posto de traballo correspondente, facéndose constar que se reunen, con referencia á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos  constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas,  nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Posuir a titulación esixida: graduado en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente, así como do Título de Socorrista Acuático e de Primerios Auxilios ou equivalente.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui,  durante o prazo de presentación de instancias e ata o día seguinte ao remate do mesmo, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

IV.- PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial. No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitila por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

Xunto á instancia achegárase:

  *-Fotocopia do DNI.

  *-Copia do xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

  *-Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 2 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

  *-Coa solicitude deberán aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados, debidamente compulsados, que acrediten os méritos O méritos deberán estar suficientemente acreditados e os documentos haberán. Tódolos méritos deberán acreditarse necesariamente mediante a presentación dos títulos oficiais correspondentes e pola copia dos contratos e mais vida laboral debidamente documentada ou certificación de órgano competente que indique claramente as datas e denominación da actividade realizada. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración por parte do Comité de Selección.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Sr. Alcalde, no prazo máximo de 1 mes, mediante resolución aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos. Dita resolución será definitiva de non haber excluídos, e será exposta no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web do mesmo ( http://www.concellotui.org/ ), relacionándose os aspirantes excluídos coa indicación da causa de exclusión. Nesta resolución incluirase a composición do tribunal, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas. Estas reclamacións e correccións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que publicarase na mesma forma. Contra a resolución na que se declare a exclusión definitiva do aspirante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Xurisdicción Contenciosa-Administrativa, contados a partir do día seguinte da publicación no Taboleiro de anuncios do Concello de Tui.

V.- SELECCIÓN DOS CANDIDATOS.

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto VI destas bases.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. Os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando se dean calquera das citadas circunstancias.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, debendo estar presente en todo caso,o Presidente e o Secretario ou quen legalmente os sustitúa.

Os membros concorrentes ás sesións do Tribunal e para os efectos de percepcián de asistencias se clasificarán consonte o disposto no artigo 33 do Real Decreto 462/2002 sobre indemnizacións por razón de servicio.

O tribunal na súa actuación axustarase ao establecido nas presentes bases; no non disposto, seralle de aplicación á normativa prevista para a formación da vontade dos órganos colexiados, tanto na lei 30/1992 do 26 de novembro como na demais normativa de aplicación.

 Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder  no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

VI.- PROCESO DE SELECCIÓN: O procedemento de selección será o de concurso- oposición, e constará das seguintes fases:

A) FASE DE MÉRITOS:

Esta fase suporá o corenta por cento da puntuación total a obter no proceso de selección.

En primeiro lugar o Tribunal procederá a avaliar os méritos aportados polos aspirantes conforme o seguinte baremo:

1.- Experiencia profesional:

   -Por cada mes efectivo de traballo nun posto de traballo semellante co obxecto do contrato: 0,20 puntos por mes completo coa puntuación máxima de 2 puntos.

Acreditarase pola copia dos contratos e vida laboral debidamente documentada ou certificación de órgano competente que indique con claridade a experiencia profesional no posto de traballo semellante co obxecto do contrato.

2.- Cursos de formación e perfeccionamento en materia propia do posto a cubrir, valorándose ata un máximo de 2 puntos. Os cursos valoraranse da seguinte forma:

  • a. 0,20 puntos por cursos de máis de 5 horas e menos de 10 horas.
  • b. 0,30 puntos por cursos de máis de 10 horas a 49 horas.
  • c. 0,40 puntos por cursos de máis de 50 horas a 99 horas.
  • d. 0,50 puntos por cursos de máis de 100 horas a 150 horas.
  • e. 0,60 puntos por cursos de máis de 150 horas.

Non se valorarán as asistencias a xornadas,conferencias  ou cursiños en xeral dunha duración inferior a cinco horas. So valoraranse os cursos impartidos por organismos oficiais ou debidamente homologados. Non serán obxecto de valoración as certificacións expedidas por academias privadas se non se xustifica a homologación sinalada. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración.

FASE DE OPOSICIÓN:

Esta fase suporá o sesenta por cento do proceso de selección e consistirá na realización dos seguintes exercicios:

a) Primeiro exercicio: Obrigatorio e eliminatorio de carácter teórico.

Consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas ou a un cuestionario tipo test, de preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa establecido no anexo I da convocatoria durante un periodo de tempo que será determinado polo tribunal antes do inicio deste exercicio. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo un mínimo de 5 puntos.

c) segundo exercicio: Obrigatorio e non eliminatorio.

Rematado o exercicio práctico e nesta mesma sesión, realizarase unha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

          VII.- CALIFICACIÓN FINAL.

A puntuación total do proceso selectivo será a suma  das cualificacións obtidas polos aspirantes nos distintos exercicios da fase de oposición. Rematada a selección o tribunal formulará unha proposta á Alcaldía co aspirante que obtivese a maior puntuación no proceso de selección, e que se publicará mediante anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello de Tui .

VIII.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

No prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello da relación citada o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos establecidos na base III para acceder ao posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que o aspirante escollido non aportara a documentación aludida ou de que durante o período de contratación quedara vacante ou fose necesario cubrir a praza temporalmente por baixa de calquera tipo, o Alcalde poderá contratar, coa forma legal de contrato apropiada, ao aspirante que superando o exercicio escrito, seguise en puntuación na relación citada e así sucesivamente. Nestes casos o novo aspirante á contratación terá que aportar a documentación no prazo de tres días hábiles a partir da notificación da súa proposta, e os requisitos esixidos entenderanse con referencia á data en que remata o prazo de presentación da documentación.

En caso de que quedara deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún á mesma, o Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario de conformidade coas presentes bases.

ANEXO I: TEMARIO

Tema 1. Socorrismo e Primeiros Auxilios: obxectivos. Premisas fundamentais en socorrismo. Aptitudes do socorrista. Principios de actuación do socorrista. Procedementos básicos nas técnicas de primeiros auxilios. Atención a feridos: síntomas, tratamento e traslado.

Tema 2. O socorrista acuático, perfil funcional. A preparación técnica.

Tema 3. La preparación física do socorrista acuático: resistencia, velocidade, forza, e axilidade.

Tema 4. As técnicas, métodos e materiais necesarios para efectuar os rescates.

Tema 5. As técnicas, métodos e materiais necesarios para efectuar os primeros auxilios.

Tema 6. Principios polos que debe rexirse o salvamento acuático. Diagnóstico da situación. A actuación.

Tema 7. Entrada na agua: importancia e factores a ter en conta na elección da entrada.  Entrada na agua: Sin material auxiliar. Con material auxiliar. Con material de salvamento.

Tema 8. A flotación no salvamento acuático: Importancia da flotación. Aplicación dos tipos de flotación no salvamento acuático.

Tema 9. Lesions específicas no medio acuático. Feridas e pequenos cortes na pel. Efectos do sol y da temperatura ambiental. Lesions articulares e óseas: inmovilización instrumentalizada. Outras lesiones.

Tema 10. Natación de salvamento. Técnicas e estilos de natación: utilidade no salvamento acuático. Buceo en apnea.

Tema 11. Prevención de accidentes acuáticos. Técnicas de traballo preventivo. Diseño de cobertura do servizo. Supervisión de usuarios e actividades: técnicas de vixiancia.

Tema 12. Síndrome de inmersión. Medidas preventivas do afogamento. Aspectos xeraos da actuación do socorrista acuático.

          

E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vinteun de maio  de dous mil dez.

      Visto e Prace

       O ALCALDE

Nota: O prazo de matrícula remata o 28 de maio de 2010