Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocado un proceso para a formación dunha lista de reserva de prazas de administrativo

24/09/2019

As persoas que desexen participar teñen até o 8 de outubro para presentar as súas solicitudes

Até o 8 de outubro pódense presentar as solicitudes para participar no proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para o nomeamento interino de prazas de administrativo convocado polo Concello de Tui.

O anuncio da convocatoria deste proceso selectivo ven hoxe publicado no BOPPO e iniciase o prazo de 10 días para a presentación de instancias.

As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deben estar en posesión do título de Bacharel, técnico ou equivalente. Deben ingresar na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame que ascende a 7,75€.

O proceso selectivo contará dunha fase de oposición na que os aspirante deberán realizar un primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, consistente en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 50 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa anexo á convocatoria . Haberá un segundo exercicio, obrigatorio e eliminatorio, de carácter práctico que consistirá na redacción dun ou varios supostos prácticos de carácter procedemental e administrativo. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o tribunal. Haberá un terceiro exercicio sobre coñecemento do idioma galego, que os e as aspirantes en posesión do CELGA IV non estará obrigados a realizar.  Na segunda fase de concurso teranse en conta os méritos presentados polas persoas aspirantes relativos a formación académica, formación específica na que se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo ao que se aspira, incluídos os cursos de coñecemento do idioma galego, e a experiencia profesional.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar na web municipal tui.gal onde está dispoñible o impreso de solicitude.