Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeu ó Concello de Tui 4 cursos de formación ocupacional (plan AFD2012) cofinanciados polo Fondo Social Europeo

18/07/2012

Estes cursos son:

  • “Operacións de montaxe de redes eléctricas”
  • “Instalación de elementos de carpintaría”
  • “Montaxe de mobles e elementos de carpintaría”
  • “Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica”

 

A previsión de inicio destas accións é para o mes de agosto, sendo a súa impartición en horario de mañán para 3 deles e de tarde para a especialidade de montaxe de mobles.

 

A duración prevista desta accións, vai dende agosto ata decembro deste ano.

 

Todas aquelas persoas interesadas en asistir, deben inscribirse ó máis axiña posible na súa oficina de emprego, indicando os curso ó que queren acceder.

 

Os cursos de redes eléctricas e o de fontanería calefacción, non teñen requisitos de acceso. Para os cursos da especialidade de madeira é preciso ter a titulación de ESO ou similar e a titulación do nivel de galego celga2”.

 

Toda a información destes cursos aquí