Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Bienal de Cerveira acheágase ata Tui coa exposición "Mediaçoes"

16/08/2007

A XIV BIENAL DE CERVEIRA ACHÉGASE A TUI COA EXPOSICIÓN “MEDIAÇOES” 

Nunha nova oportunidade a Bienal de Cerveira na súa XIV edición ten escollido á cidade de Tui como sede dunha das súas exposicións, neste caso o proxeto “Mediacoes” realizado pola Escola Suprior de Artes e Design de Matosinhos e que incide no papel das artes dixitais e o multimedia da sociedade actual.A inauguración desta exposición terá lugar o vindeiro venres 17 de agosto ás 12,30 horas na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio Área Panorámica – rúa Colón, 2). A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 29 de setembro.Para o concelleiro de cultura do Concello de Tui a presenza desta exposición da XIV Bienal de Cerveira é un motivo de satisfacción para o noso Concello pois unha cita artística de primeiro nivel internacional escolle á nosa cidade como unha das súas sedes. Amáis a exposición “Mediaçoes” incide sobre o papel das artes dixitais e multimedia realizando unha aportación chea de actualidade á vida cultural tudense. Finalmente, a participación de Tui como unha das sedes da XIV Bienal de Vilanova de Cerveira incide nunha liña de traballo que a concelleria tudense quere potenciar: a comunicación artística con Portugal para converter a Tui nun referente, nunha ponte, nas relacións entre a cultura galega e portuguesa. 

“Mediaçòes” é un proxecto de instalación desenvolvido pola Escola Superior de Artes e Design de Matosinhos integrado na XIV Bienal de Cerveira. “Mediaciôes” retoma, en parte, propósitos e reflexións – cuestionamento das formas de diálogo, comunicación e contaminación que caracterizan o proxecto artístico contemporáneo – xa traballados na exposicións “Contaminaçôes” desenvolvimos na Bienal de 2005, incrementando unha reflexión sobre o papel dos “media” e das súas mensaxes ao través da revisión do principio de Marsall Mcluhan – o medio é a mensaxe- como principio cuestionador de propostas individuais (de deseñadores e artistas) e colectivas (propostas vinculadas á Escola) e dos novos medios e soportes (do teléfono móvil a Internet), o que representa, no fondo, un xeito particular de cuestionar a contemporaneidade e a nosa vinculación á mesma.A participación da ESAD na Bienal de Cerveira do 2007, con esta exposición en Tui, coincide coa conclusión da licenciatura dos primeiros alumnos da escola formados en Artes Dixitais e Multimedia. Este feito vencellado á actualidade das formas creativas ligadas ao campo dixital, orientou á participación da ESAD na Bienal 2007 no sentido de privilexiar conceptos, técnicas e soportes ligados ás artes dixitais e ao multimedia. Baseados na exploración dos recursos multimedia se presentan seis proxectos (EAD-LAB; Robótica Minimal; Visiôes; Mensagens; Personal Views e Interferencias) que baixo diferentes perspectivas interrogan a actual creación artística e as relacións que a partir dela se establecen coa realidade individual e colectiva. Neste cuestionar un elemento é, permanentemente, requerido: o espectador. É ao visitante, convertido en axente participativo, ao que compete agora o estatuto de último e determinante mediador Ficha técnica:Comissário: José Manuel Bártolo
Projecto de Instalação: Ana Medeiros
Coordenação Técnica: Israel Pimenta
Projecto Gráfico: Sérgio Correia; Nicolau Fernandes
Design de Som: José Fernando Almeida
Programação: Rui Dias
Concepção e Produção: Albano Lemos Pires; Ana Medeiros; Ana Pinto; Israel Pimenta; José Bártolo; Joana Borges; Maria João Portugal; Marta Varzim; Sérgio Correia; Tiago Sousa.
Produção de Estruturas: Oficinas da ESAD (Coordenação José Castro)
Comunicação e Imprensa: Gabinete de Comunicação da ESAD
Produção: ESAD Escola Superior de Artes e Design, Matosinhos.
Co-Produção: Bienal de Cerveira; Concelleria de Cultura do Concello de Tui