Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo para participar no proceso de adxudicación das 19 vivendas da antiga Casa Cuartel de Caldelas

11/09/2007

Coa publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia do día de onte ábrese o prazo de un mes para que as personas interesadas poidan participar no proceso de adxudicación das 18 vivendas máis un anexo adaptado para personas como minusvalía que o Concello de Tui ten construido na antiga Casa Cuartel da Garda Civil na parroquia de Caldelas e que significan a importante aposta que pola promoción da vivenda pública realiza o Concello tudense.   

Ver as bases completas na sección Anuncios desta páxina web