Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Sesión 7/2017 Convocatoria pleno ordinario 27-07-2017

    26/07/2017

    A corporación municipal de Tui reunirase en pleno ordinario, correspondente ao mes de xullo, o xoves, 27 de xullo de 2017 ás 18h con doce puntos na orde do día. 

  • LICITACIÓN EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERíA DO CENTRO INTERFEDERADO DE TUI

    22/06/2017

    ANUNCIO

    Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.

    1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.

    2.- Obxecto do contrato: 
    Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0

    3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
    a) Tramitación: Urxente.
    b) Procedemento: Aberto. 
    c) Criterio de Adxudicación: prezo á alza sobre o importe sinalado como canon anual de explotación a satisfacer á administración.

    4.- Cánon de explotación:
    4.744,80 euros/ano (IVE incluído) ( mínimo, sen prexuízo ofertas á alza). 

    5.- Duración do contrato: 
    2 anos (prórroga anual ata un máximo de 4 anos, incluídas as prórrogas que se subscriban). 

    6.-Garantías : Definitiva: 
    5% do importe de adxudicación, excluído IVE. 

    7.- Obtención de documentación e información: 
    Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirar copia dos mesmos no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. Tfono: 986603625.- Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www.concellotui.org). 

    8.- Solvencia económica e financeira:
    Exento, conforme artigo 11.5 R.D. 1098/2001.

    9.- Solvencia técnica e profesional:
    Acreditación conforme á cláusula 10ª do PCAP.

    10.- Presentación de ofertas:

    a).- Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra e no perfil do contratante (www.concellotui.org), en dous sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.

    b).- Documentación a presentar: A que figura no PCAP.

    c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC. 

    Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

    Documento asinado dixitalmente.

  • Concesion posto de cafetería en Mercado de Abastos

    20/04/2017

    Ós efectos de proceder á licitación para a adxudicación da concesión demanial para explotación do posto de cafetería no Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui, exponse simultaneamente ó público o anuncio para a presentación de proposicións e as bases de licitación aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 20/04/2017, por un prazo de 30 días hábiles, ós efectos de presentación de proposicións e de reclamacións respectivamente, a contar dende a última publicación deste anuncio no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org).
    1.—ENTIDADE ADXUDICATARIA:Concello de Tui.
    2.—OBXECTO DO CONTRATO: “Concesión de posto de Cafetería no Mercado de Abastos do Concello de Tui”.
    3.—TRAMITACION , PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACION:
    a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: Único criterio adxudicación prezo á alza do canon anual.
    4.—CÁNON E DURACIÓN DA CONCESIÓN:
    Canon anual mínimo de concesión: 1.763,16 €, IVE incluído. Así mesmo, o adxudicatario da licitación deberá abonar mensualmente a taxa por ocupación establecido na Ordenanza Fiscal da Taxa por Servizo de Lonxas e Mercados do Concello de Tui.
    Duración: 10 anos (prorrogable por un máximo de 2 anos mais).
    5.—GARANTIAS:
    —Definitiva : equivalente ó 5% do importe da adxudicación.
    6.—OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION:
    Secretaría do Concello de Tui. Tfno.: 986.60.36.25. fax: 986.60.41.48.
    Data límite de obtención de documentación e información: día anterior ó do remate de presentación de propostas.
    7.—CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN
    -Mellor prezo que se ofreza, que en ningún caso será inferior ao canon mínimo establecido.
    8.—PRESENTACION DAS OFERTAS:
    a.—Data límite: 30 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación do edicto no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org)
    b.—Documentación a presentar: a que figura no prego de condicións.
    c.—Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Tui, de 9 a 14 horas.
    9.—APERTURA DE PROPOSICIONS: Terá lugar en acto público, e deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado dende a data de finalización do prazo para presentar as ofertas.
    10.—GASTOS: Serán de conta do adxudicatario: Os que se fan constar na cláusula 23 do prego de condicións.
    Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.
    Documento asinado dixitalmente

     

    Data de fin de prazo: 03-07-2017
    Licitacion desierta

    Expediente: 335/2017

  • Proceso de selección PROFESOR DE COMPOSICION E PIANO CURSO 2017-2018

    25/08/2017

    O Concello convoca o proceso de selección PROFESOR DE COMPOSICION E PIANO CURSO 2017-2018, os interesados en participar deben presentar a instancia e a declaración responsable debidamente asinada.

    Máis abaixo poden atopar os modelos de instancias e as bases da convocatoria. 

    O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 05/09/2017 

     

  • CONVOCATORIA E BASES PROCESO SELECTIVO ENCARGADO REDES INFORMÁTICAS

    23/06/2017

    Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal a tempo completo dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informaticas.

    O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 04/07/2017 

    Anuncio listaxe provisional de admitidos e excluídos

    Data de inicio: 07-07-2017. FINALIZA O PLAZO: 12-07-2017

    Os aspirantes excluídos dispoñen de 3 días habiles para presentar as alegacións que estimen oportunas 

    Anuncio listaxe definitiva, nomeamento de tribunal e data do primeiro exercicio proceso encargado de redes e aplicacións informaticas
    Data de inicio: 14-07-2017. FINALIZA O PLAZO: 19-07-2017

    Anuncio da resolucion pola que se aproba definitivamente a listaxe de admitidos e excluídos, nomeamento de tribunal e data do primeiro exercicio do proceso selectivo de encargado de mantemento de redes e aplicacións informaticas.

    A data de realizacion do primeiro exercicio é o vindeiro mercores día 19 de xullo as 11:30 nas dependencias da casa do Concello sitas en Praza do Concello nº 1 36700 Tui

    Os aspirantes dispoñen de 3 días para poder impugnar o tribunal. 

    Resultados provisionais 1º exame proceso selectivo encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas.

    Data de inicio: 19-07-2017. FINALIZA O PLAZO: 24-07-2017

    Os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións as puntuacións provisionais. 

    Convocatoria 2º Exame Proceso Encargado De Mantemento De Redes E Aplicacións Informaticas

    Data de inicio: 28-07-2017.FINALIZA O PLAZO: 01-08-2017

    Convocase os aspirantes que superaron o 1º exercicio do proceso selectivo de encargado de mantemento de redes e aplicacións informaticas a realizacion do 2º exercicio que terá lugar o vindeiro martes día 01/08/2017 as 11:00horas nas dependencias da casa do Concello sita en Praza do Concello nº 1.

    Para mais información consultar o anuncio da resolución de convocatoria na sede electronica do concello de Tui, taboleiro de edictos, concellotui.sedelectronica.gal

    Plantilla 2º exame encargado mantemento de redes e aplicacions informaticas

    Data de inicio: 02-08-2017. FINALIZA O PLAZO: 04-08-2017

    Plantilla 2º exame encargado mantemento de redes e aplicacions informaticas

    Examén Practico Plantilla

    Puntuacións provisionais 2º exercicio, proba de galego, puntuación total proceso selectivo encargado de mant. de redes e aplic. informaticas

    Data de inicio: 02-08-2017. FINALIZA O PLAZO: 04-08-2017

    No taboleiro de anuncios da sede electronica do Concello de Tui atopase colgada a certificacion coas Puntuacións provisionais 2º exercicio, proba de galego, puntuación total proceso selectivo encargado de mant. de redes e aplic. informaticas

    Requirimento de documentación encargado mantemento de redes e aplicacións informaticas

    No taboleiro de anuncios do concello e da sede electonica do Concello de Tui pode consultarse o anuncio de requirimento de documentación encargado mantemento de redes e aplicacións informaticas.

    O aspirante dispon de 5 días hábiles para a presentación de documentación.

    Anuncio da resolución de contratación encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas

    Data: 09/08/2017

     

     

  • Impreso inscrición Escolas Deportivas da Deputación 2017/18

    20/09/2017

    Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas. Os interesados teñen que entregar cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do  ORAL.

    Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web da Deputación

  • II Concurso de Pintura ao aire libre Pinta Tui 2017

    21/09/2017

    O Concello de Tui, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convoca por segundo ano consecutivo o Concurso de pintura “Pinta Tui” que se celebrará o domingo, 8 de outubro de 2017. O obxectivo do mesmo é promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar  a dinamización da oferta turística e as actividades no concello.

    A inscrición está aberta ata o sábado 7 de outubro debendo realizarse por correo electrónico en turismo@concellotui.org, no correo de ACITUI acitui@acitui.es ou na propia Oficina Municipal de Turismo de Tui.

  • Acta Sesión nº13 2016

    7/12/2016

    Acta da sesión extraordinaria e urxente de pleno celebrada 7 de decembro de 2016

  • Acta Sesión nº10/2016

    29/09/2016

    Acta Sesión nº10/2016

  • Acta Sesión nº 1/2017

    26/01/2017

    Acta Sesión nº 1/2017 do 26 de xaneiro de 2017

  • Acta Sesión nº 2/2017

    23/02/2017

    Acta Sesión nº 2/2017 do 23 de febreiro de 2017

  • Acta Sesión nº3/2017

    30/03/2017

    Acta Sesión nº3/2017 do 30 de marzo de 2017

  • Acta Sesión nº4/2017

    27/04/2017

    Acta Sesión nº4/2017 do 27 de abril de 2017

  • Sesión 8/2017 Convocatoria pleno ordinario 28-09-2017

    28/09/2017

    Sesión nº8/2017 do xoves, 28 de setembro de 2017

  • Resumo boletíns oficiais do 3 ao 9 de xullo de 2017

    10/07/2017

    Semanalmente dende o Centro de Formación do Concello de Tui recompílanse as bolsas, axudas, ofertas de formación... publicadas nos distintos boletíns oficiais BOPPO – DOGA - BOE, estes son os correspondentes á semana do 3 ao  9 de xullo de 2017.

  • Resumo boletíns oficiais do 10 ao 16 de xullo de 2017

    17/07/2017

    Semanalmente dende o Centro de Formación do Concello de Tui recompílanse as bolsas, axudas, ofertas de formación... publicadas nos distintos boletíns oficiais BOPPO – DOGA - BOE, estes son os correspondentes á semana do 10 ao  16 de xullo de 2017.

Páxinas