Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Este venres ás 11h preséntase o IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade

Undefined

Este venres, 17 de novembro, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación do IV Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade. Este evento celebrarase o domingo 26 de novembro, no pavillón municipal de Valença, co mesmo pecharase o Calendario de Actividades Deportivas da Eurocidade 2017.

A presentación deste venres correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tu, Andrés Urseira, do vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como do responsable do evento, Miguel Abreu.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes