Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Máis de 200 persoas descubriron o pasado xudeu de Tui nun novo desafío de Eureka Reto Rural

Undefined

Máis de 200 persoas participaron este domingo no escape room “A Comunidade Xudía de Tui”, o desafío de Eureka Reto Rural organizado polo Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño.

Con esta propostas lúdica as rúas de Tui enchéronse de equipos de xogadores e xogadoras de todas as idades para ir descubrindo reto a reto o pasado xudeo da cidade e as curiosidades da comunidade xudía que viviu durante o século XI no conxunto histórico tudense.

As Rutas de Natureza convidan a percorrer este sábado a Senda Botánica coa Fada do Aloia

Undefined

O Concello de Tui, dentro do programa Rutas de Natureza, convida a descubrir os encantos do Parque Natural Monte Aloia da man da Fada do Aloia nunha ruta guiada este próximo sábado, 1 de xuño, pola Senda Botánica. 

A saída será ás 10.00 h dende o aparcamento situado nas proximidades do Centro Interpretación. No percorrido pola Senda Botánica  as persoas participantes, seguindo as indicación de A Fada do Aloia, poderán coñecer algunhas as especies, tanto de flora coma fauna, que hai neste parque natural. A ruta con dificultade baixa. 

O concerto de Las Antonias pechara musicalmente á xornada Orgullo e punto 

Undefined

Ultímanse os detalles para “Orgullo e punto” a xornada que terá lugar este sábado, 1 de xuño, dende ás 10.30 h, na Alameda de San Domingos de Tui que estará chea de creatividade, diversidade, inclusión… e que vai dirixida a toda a familia. A organización corresponde ao Concello de Tui e TejeTui

Tui participa no I Encontro Nacional de Arquiveiros da Red de Juderías de España

Undefined

O Concello de Tui participará no I Encontro de Arquiveiros da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad que terá lugar a próxima semana, o martes 28 e mércores 29 de maio na cidade de Plasencia. Este evento reunirá a destacados expertos no campo para abordar diversas temáticas relacionadas coa documentación histórica xudía.

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño visitan Italia para coñecer novas experiencias de desenvolvemento

Undefined

Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño exploran novas experiencias e aprenden doutros territorio para seguir crecendo e innovando no rural. Unha delegación composta por alcaldesas, alcaldes, edís e persoal técnico percorre estes días a rexión de Emilia-Romaña, en Italia, para coñecer de primeira man experiencias de desenvolvemento económico, turístico e social nunha zona vitivinícola de gran parecido con Galicia. Unha viaxe de estudo que permitirá recoller ideas e achegarse a prácticas exitosas que poidan ser implementadas no territorio para potenciar o desenvolvemento rural.

Tui acolle este domingo o desafío ‘A comunidade xudía en Tui’ dentro de Eureka Reto Rural do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño

Undefined

Tui acolle este domingo, 26 de maio, ás 18 h, o desafío  ‘A comunidade xudía en Tui’, un dos escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. É o terceiro desafío de  ‘Eureka Reto Rural’, o programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que ten por obxectivo coñecer o territorio a través de xogos de escapismo temáticos, dixitais e ao aire libre.

Un percorrido pola senda do Furnia centra esta fin de semana as dúas citas das Rutas de Natureza

Undefined

Dobre proposta esta fin de semana en Tui dentro das Rutas de Natureza que organiza o Concello de Tui. A actividade centrarase no percorrido, en dúas etapas, pola senda do río Furnia, recuperada o ano pasado polo Obradoiro de Emprego, e incluirá visitas ás igrexas de Malvas e Pexegueiro, a diferentes elementos etnográficos, así coma ao taller do escultor Rai Martínez e á empresa Trigo y Limpio. Os percorridos serán conducidos por Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio. 

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

Undefined

Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo, cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño, para a que se cubriron as 25 prazas ofertadas rapidamente. As persoas participantes de Tui, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra e Vigo  gozaron deste percorrido de introdución á ornitoloxía e interpretación do medio natural.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo