Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

Undefined

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este domingo, 28 de abril, até o 30 de xuño.

Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

As cifras de visitantes na Semana Santa confirman un marzo de récord en Tui

Undefined

A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos  1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023. 

Do total de 1.191 persoas que demandaron información na Oficina de Turismo 303 eran peregrinos e peregrinas e 888 turistas.

Tui celebra durante 17 días a 56ª Festa do Meixón

Undefined

Tradición e innovación mestúranse na Festa do Meixón que mañá comeza en Tui e que se vai desenvolver en seis restaurantes  Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui.

A Festa foi presentada este mediodía no Paseo Fluvial polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, e unha representación dos viveiros, os restauradores e a adega Sergio Álvarez. Este evento gastronómico celebra neste 2024 a súa 56ª edición.

Renovada a Mesa do Camiño de Santiago en Tui

Undefined

Onte á tarde tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a renovación da Mesa do Camiño de Santiago en Tui, que fora creada no ano 2019, no mandato da anterior Corporación Municipal. A Mesa do Camiño de Santiago Tui  ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio.

O alcalde e a concelleira de Turismo promocionan o patrimonio xudeu de Tui en FITUR

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana María Núñez, teñen realizado no marco da Feira Internacional de Turismo, FITUR),que se desenvolve nestas xornadas en Madrid, diversos encontros para a promoción do legado patrimonial xudeu na nosa cidade a través da Red de Juderías – Caminos de Sefarad no seu stand nesta feira.

Tui lidera o crecemento turístico no sur da provincia

Undefined

O turismo en Tui crece de forma permanente e continuada, avanza na súa internacionalización e na súa desestacionalización segundo todos os indicadores, o que posiciona ao municipio coma destino turístico destacado no sur da provincia. Así se desprende dos datos recollidos do INE, da Oficina do Peregrinos da Catedral de Santiago e da propia Oficina Municipal de Turismo que constatan o espectacular crecemento no número de visitantes en 2023.

Até o 8 de febreiro pódese visitar na oficina de Turismo a mostra fotográfica “Expo Cuir”

Undefined

“Expo Cuir” é o título da exposición que Zoe Vixion presenta até o 8 de febreiro na Oficina Municipal de Turismo de Tui. Na mesma á través da fotografía reflexiona sobre os dereitos humanos, a diversidade e o respecto.

Profesional das artes escénicas, dirección, iluminación con numerosos reportaxes no seu currículo  creou unha nova marca persoal Zoe viXión a través da que coas súas reportaxes busca normalizar a colectivos. Esta mostra, que agora se presenta en Tui, foi realizada no festival Agroguir reflectindo o respecto e a diversidade coma orixe da convivencia.   

Desvío provisional no Camiño de Santiago na Avenida de Portugal

Undefined

Debido ao afundimento rexistrado na estrada na rúa A Barca, por onde transcorre un tramo do Camiño Portugués a Santiago en Tui establécese un desvío provional dende a Avenida de Portugal. 

Así os peregrinos e peregrinas na Avenida de Portugal ao chegar ao cruzamento coa rúa Tenencia deberán seguir pola Avenida de Portugal ate a rúa Martínez Padín, e logo xirar cara a rúa Piñeiro.

O desvío provisional está debidamente sinalizado.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo