Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz protagonizan “Falar sen cancelas”

Undefined

Este venres, 2 de marzo, ás 21.30h chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo "Falar sen cancelas" con Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz. É unha proposta de hora e media de humor sobre a galeguidade, a lingua, as nosas costumes e ritos; unha festa de gags cómicos e situacións nas que veremos o mellor (e o peor) de nós mesmos porque o falar ... non ten cancelas.

A gastronomía será un dos pratos fortes das Festas de San Telmo 2018

Undefined

A gastronomía será un dos pratos fortes das Festas de San Telmo de 2018 que se van celebrar en Tui do 31 de marzo ao 9 de abril na que se realiza unha forte aposta por celebrar os festexos na rúa.

Así o expuxeron esta mañá na presentación deste evento, declarado de interese turístico galego, o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría.

Tui celebrará en xullo o Pacto de Tui

Undefined

O goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, cunha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa a sinatura deste pacto que tivo lugar o 4 de xullo do 1.137.  Con este evento crearíase marca cidade, xa que tal e coma o nome do propio pacto indica só se podería celebrar en Tui, e ao tempo cubriría a carencia dun festexo importante estival, combinando no mesmo o compoñente medieval, e o atractivo de concertos destacados.

O Enterro do Bacallau despide este domingo en Tui o Entroido 2018

Undefined

Este domingo despídese en Tui o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau. Centos de persoas partirán ás 19.30h da praza de San Fernando, percorrendo as rúas Seixas, Ordóñez, Paseo da Corredoira, Camilo José Cela, e rematando na traseira da Área Panorámica. No mesmo estarán presentes as comparsas que o luns 12 participaron no Desfile  Concurso de Entroido.

A Cantos Somos con “La alcaldía tenía un precio” gañadores do desfile-concurso de Entroido en Tui

Undefined

Miles de persoas  disfrutaron esta tarde en Tui do desfile concurso de Entroido no que se deron cita 15 comparsas, 21 carrozas e máis de 1.100 persoas desfilando.

A comparsa tudense Cantos Samos foi a gañadora absoluta do desfile-concurso coa sátira da política local baixo o título “La alcaldía tenía un precio”, foi amais 5ª en carrozas e segunda en acompañamento musical.

Máis de 1.100 persoas participarán o luns no desfile-concurso de Entroido en Tui

Undefined

Máis de 1.100 persoas pertencentes a 15 comparsas participarán o próximo luns, 12 de febreiro, no desfile concurso de Entroido en Tui nunha data na que é festivo local na cidade. Das quince comparsas inscritas 3 son de fantasía, 8 participan sen acompañamento musical, e 4 teñen música en directo.  Catro das agrupación participantes son de Tui, outras catro de Salceda, unha da Cañiza, unha do Porriño, unha de Mos, unha de Arcade, unha de Tomiño, unha de Nigrán e  unha de Gondomar.En total sumarán un total de 20 carrozas participantes.

Mañá ás 19h será inaugurada a exposición “Auga, o sangue da terra” de Manuel Valcárcel

Undefined

Mañá xoves, 1 de febreiro, ás 19h será inaugurada na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, a exposición «Auga, o sangue da terra» de Manuel Valcárcel que chega a Tui grazas ao convenio de colaboración cultural asinado entre o Concello de Tui, Abanca Afundación
 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura